Cuando la luz aguarda es un susurro que se funde en nuestra segunda piel, donde siempre hay un tiempo para todo y un regazo de luz para esperar". A cita está sacada da contraportada do libro "Cuando la luz aguarda", de María del Carmen Álvaro. Este volume poético, o quinto en solitario da escritora nacida en Soria e afincada en Pontevedra, preséntase boxe á tarde no Café Moderno (20 horas, entra libre). Xunto á responsable dos versos estarán algúns dos seus amigos escritores. Un deles, o seu padriño literario, e o ex comisario de Policiía de Pontevedra, Enrique Mora Morandeira, que tamén é poeta. É unha das boas xentes das que Álvaro se soubo rodear nestes anos. Outra sería o psicólogo Bernabé Tierno, que mesmo a cita nun dos seus últimos libros, "Optimismo vital".
Que é logo "Cuando la luz aguarda"?
Bueno, é o meu quinto libro en solitario. Está dividos en tres capítulos. E a temática é similar á dos meus poemas anteriores. Tratei de ofrecerlle ao lector un percorrido emocional que vén a ser o resultado de asomarse ás ventás das emocións. Eu penso que a vida está composta de luces e sombras, periodos non que todo vai ben e outros que vai menos ben. Todos esos estados emocionais teñen cabida no libro.
Neses tres capítulos
Si, iso é. Os capítulos tituleinos: "Una cita en el silencio", "Entre piel y piel" e "La estatura del tiempo". A segunda parte funciona como un eslabón entre as outras dúas, que inclúen poemas que poderían considerarse sociais, de denuncia. En "Entre piel y piel" os poemas son poemas de amor, que mesmo rozan o erotismo.
Iníciase logo na poesía social neste libro?
Máis que poesía social, eu chamaríalle poesía de compromiso. E si, esos poemas do segundo capítulo están máis apegados á realidade, ao que nos rodea e que tenemos que ver, aínda que moitos prefieran pasar de largo.
Cando foron escritos os poemas?
A ver, pois mira, cando publiquei "Andenes de otoño"? Hai dous anos. Pois estos son a miña colleita desde entón.
Tematicamente hai unha evolución na súa poesía. Tamen a hai no estilo?
O estilo é semllante ao dos meus poemas anteriores aínda que con matices. Quizais os outros fosen un poco máis superficiais. Agora reflexiono moito máis, inteto profundizar máis en cada un deles.